Tuesday 30 de April de 2024

Teatro sábado en Neda


Cita teatral este sábado en Neda con Chévere. A partir das 20:00 horas, a compañía trae ao paseo marítimo de Xubia o seu espectáculo “As Fillas Bravas”. Unha peza interpretada por Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar, coa que seguen a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero.

En caso de choiva, a función trasladaríase ao salón de actos da Casa da Cultura.